ACTIVIDADES CIENCIAS NATURAIS 1º ESO









C. NATURAIS 1º ESO.
TEMA 1: O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR
external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image001.gif
universo.png


Completa o seguinte cadro.


astros.png


Por que non son útiles as unidades de lonxitude que utilizamos para as distancias na nosa vida cotiá (por exemplo, o metro e o quilómetro) cando as intentamos aplicar ao Universo?



Que unidades de medida deberiamos utilizar e a que equivalen?


En grego, Xea é a Terra, e Helios, o Sol. Tendo isto en conta, explica o significado dos nomes «teoría xeocéntrica» e «teoría heliocéntrica».







Completa o seguinte cadro:

enderezo.pngexternal image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image007.gif

Explica a diferenza entre os movementos de rotación e translación que realizan os planetas do Sistema Solar.




Que astrónomo propuxo a teoría heliocéntrica? Cal foi o primeiro matemático que inventou e usou un telescopio para observar o Universo?



Que planetas do Sistema Solar son gasosos? Cales son os planetas rochosos? Cales son os dous planetas máis grandes? Cales son os dous máis pequenos? Que dous planetas son os «veciños» da Terra?




Explica as diferenzas entre:

a) Teoría xeocéntrica e teoría heliocéntrica


b) Astronomía e astroloxía.


Observación do ceo nocturno:

a) Como se distinguen os planetas das estrelas ao observalos no ceo nocturno?


b) Que nome reciben as agrupacións de estrelas que vistas desde a Terra forman figuras recoñecibles?


Que movementos realiza a Lúa e arredor de que astro?


Como se formou o Universo?

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image009.gif
lembra.png




A que tipos de astros ou agrupacións deles se refiren as seguintes frases?

agrupacións.png
external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image011.gif

Trata de identificar os tipos de astros ou agrupacións dos mesmos que aparecen nas seguintes fotografías.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image013.gif
tipos_de_astros.png





Le o seguinte texto e responde as preguntas que se formulan a continuación.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image015.gif


• Que é un ano-luz?



• Por que, para medir distancias astronómicas, se usa o ano-luz como unidade, e non o quilómetro?



• Pensa e responde: se vemos as estrelas de noite, é porque nos chega a luz que producen. Imaxina que vemos unha estrela que se atopa a 5 millóns de anos luz. A imaxe que percibimos desa estrela... corresponde ao momento actual ou non? Por que?



external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image017.gif


Lembra o que sabes e responde as seguintes cuestións.

• Que é unha estrela?


• Por que emiten luz as estrelas?


• Que características podemos utilizar para diferenciar unhas estrelas doutras?



Busca nun libro a evolución dunha estrela, desde que se forma ata que desaparece. Completa o seguinte cadro.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image019.gif





Responde as seguintes cuestións.

• Que é unha galaxia?

• Como se chama a galaxia en que se atopa o Sistema Solar? Que tipo de galaxia é, segundo a súa forma?

• Busca información no libro e contesta:

Cantas estrelas forman a nosa galaxia?

En que rexión da galaxia son máis abundantes?

• Xa sabes que a Terra se move arredor do Sol, e a Lúa, arredor da Terra. Pero, o Sol móvese ou está fixo no espazo? Arredor de que se move? Canto tempo tarda en completar unha volta?





Existen agrupacións de estrelas que non son galaxias. Explica o que é...

• Un sistema binario:


• Un cúmulo estelar:


• Unha constelación

Lembra o que sabes sobre os planetas do Sistema Solar. Identifica na imaxe os oito planetas do Sistema Solar.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image021.gif


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image023.gif


Analiza as características físicas dos planetas do Sistema Solar.


• No cadro seguinte aparecen datos moi importantes sobre os planetas do noso Sistema Solar. Analízao e marca as frases que son verdadeiras.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image025.gif

❏ A distancia entre Venus e a Terra é maior ca a distancia entre Saturno e o Sol.

❏ A distancia entre Venus e a Terra é maior ca a distancia entre Marte e a Terra.

❏ O planeta máis afastado do Sol está a unha distancia da estrela case corenta veces maior ca a que existe entre a Terra e o Sol.

❏ 1 UA (unidade astronómica) equivale á distancia entre o Sol e a Terra. Por iso, a distancia entre ambos os astros é exactamente 1 UA.

❏ O planeta que xira máis rapidamente arredor de si mesmo é Saturno.

❏ Un ano do planeta Plutón dura aproximadamente 100 000 días.












CC.NN 1º ESO
TEMA 2: O PLANETA TERRA
external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image026.gif



external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image028.gif


Cales son as principais características da Terra? Cal é a característica que a fai única como planeta no Sistema Solar?



Por que temos o día e a noite na Terra? Explícao.



Que son os equinoccios? Coinciden as datas dos equinoccios no hemisferio norte e no sur? Por que?


Como chegan os raios do Sol ao noso país durante o solsticio de inverno? Explica por que. Cales son as fases da

Lúa?


Que é unha eclipse? Cales son os dous tipos de eclipses que se producen? Explícaos.


Que sucede cando hai marea e por que?


Que é a atmosfera? Que é a hidrosfera?





Movemento de rotación da Terra.

a) Por que puntos do noso planeta pasa o eixe de rotación?

b) Como está orientado tal eixe respecto do plano de translación arredor do Sol?

c) Utilizando o movemento de rotación da Terra, como poderiamos definir o que é un día?

As estacións.

a) Que sucedería coas estacións se o eixe de rotación da Terra non estivese inclinado respecto do plano de translación?


b) Cal é a diferenza entre equinoccios e solsticios? Que días se producen?
Explica en que se diferencian a codia continental e a oceánica. Cales son as outras capas da Terra?


En que se diferencian os calendarios xuliano e gregoriano?


Comenta algunhas das adaptacións dos seres vivos ao medio acuático.



external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image030.gif







Rotula o esquema da estrutura da Terra indicando as partes ou capas visibles.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image032.gif






Responde as seguintes cuestións sobre a estrutura da Terra.

• Cando observamos a Terra desde o espazo, que parte da litosfera é a que podemos apreciar? Por que?


• Os termos «codia» e «litosfera» refírense á mesma capa da Terra? Como se poden diferenciar?

Completa o cadro seguinte cos datos que figuran no teu libro.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image034.gif






Resume os teus coñecementos sobre as partes da Terra.
Responde as seguintes preguntas:

• Que é a atmosfera?


• Que é a hidrosfera?


• Que é a litosfera?





Repasa a composición da Terra. Marca as frases correctas. Corrixe as falsas e escríbeas a continuación.

❏ A atmosfera está formada fundamentalmente por materiais gasosos.


❏ O aire é un gas.


❏ O aire é una mestura de gases.


❏ No aire, o nitróxeno e o osíxeno atópanse en proporcións aproximadamente iguais.


❏ A hidrosfera está formada por auga, fundamentalmente en estado líquido, aínda que tamén pode estar en estado sólido (xeo e neve).


❏ A litosfera está formada por rochas e minerais.


❏ A area e o barro son materiais que non están formados por rochas nin por minerais.









external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image036.gif





No seguinte esquema da translación da Terra, rotula a data aproximada en cada cadro e o nome da estación correspondente no hemisferio norte.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image038.gif











Completa o cadro seguinte describindo o tempo atmosférico nas catro estacións e como chegan os raios do Sol á superficie da Terra en cada caso.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image040.gif


Resume o que sabes sobre os movementos da Terra. Explica en que consiste cada un destes movementos e os efectos que se producen no noso planeta como consecuencia deles e doutros factores relacionados.

• O movemento de rotación.


• O movemento de translación.















Observa o seguinte esquema do movemento da Lúa arredor da Terra.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image042.gif

Repara nos días que rotulamos no esquema (son datos aproximados). Cantos días dura, segundo o debuxo, un ciclo completo da Lúa, é dicir, una volta completa do noso satélite arredor da Terra? Por que aparece o rótulo «días 1 e 28» na mesma imaxe da Lúa?





Repara nos días que rotulamos no esquema (son datos aproximados). Cantos días dura, segundo o debuxo, un ciclo completo da Lúa, é dicir, una volta completa do noso satélite arredor da Terra? Por que aparece o rótulo «días 1 e 28» na mesma imaxe da Lúa?








Observa os debuxos. Indica cal corresponde a unha eclipse de Sol e cal a unha eclipse de Lúa.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image044.gif


Pensa sobre os debuxos e explica.

• Cando se produce unha eclipse de Sol?


• Cando se produce unha eclipse de Lúa?





















CC.NN 1º ESO
external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image045.gifTEMA 3. OS SERES VIVOS



external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image047.gif


Completa o seguinte cadro:

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image049.gif

Explica cales son as tres funcións vitais dos seres vivos. Se encontrásemos un ser que se reproduce, pero que non pode nutrirse nin se relaciona co medio, considerariámolo un ser vivo?


Describe a reprodución sexual e pon un exemplo de organismos que se reproduzan así.



Cal é a diferenza entre substancias orgánicas e inorgánicas? Menciona as substancias inorgánicas que están presentes nos seres vivos.





As células:


a) Quen descubriu a célula e cando?

b) Que fai falta para ver as células?




Tipos de células:

a) Cales son os dous tipos de células, segundo teñan ou non teñan núcleo?


b) Cales son os dous tipos de células con núcleo? En que se diferencian?




Completa o seguinte cadro sobre os seres vivos que teñen cada tipo de células.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image051.gif

Responde as seguintes preguntas sobre a materia viva e os seres vivos. Busca información no teu libro.


• Como se chaman as unidades mínimas da vida, que forman parte de todos os seres vivos?




• En que dous grandes grupos se clasifican os seres vivos, en función do número de célulasque teñen? Pon exemplos de seres de cada grupo.




• Intenta definir o concepto de ser vivo. Inclúe todos os elementos que diferencian os seres vivos dos inertes: a súa composición, a presenza de células e as funcións que realizan.







Completa o seguinte cadro sobre as funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Escribe en que consiste cada unha delas.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image053.gif
















Rotula no debuxo seguinte os nomes dos tipos de células e os das partes de cada unha delas que aparecen sinaladas.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image055.gif

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image057.gif

Completa o cadro sobre os niveis de organización do ser humano. Busca no teu libro a información necesaria.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image059.gif


Responde as seguintes cuestións.

• Hai seres vivos que teñen unha organización máis sinxela ca a que describiches? Cales son?



• Pode haber seres vivos tan sinxelos que nin sequera teñan o nivel de organización celular? Por que?













Rotula o seguinte debuxo dos niveis de organización no aparello locomotor.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image061.gif

Infórmate sobre a historia do descubrimento das células. Responde a continuación as cuestións seguintes.


• Que é a teoría celular? Quen e cando a enunciou?


• Que invento foi o que permitiu observar as células? Quen foi o descubridor das células e en que material as observou por primeira vez?



• Se se deixa un anaco de carne ao aire, ao cabo duns días aparecen vermes que se transforman en moscas. Durante moito tempo pensouse que estes vermes aparecían do nada, de forma espontánea.
É certo que a vida pode aparecer espontaneamente? Quen demostrou que non era así?


CC.NN 1º ESO
external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image026.gifTEMA 4: OS ANIMAIS VERTEBRADOS


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image063.gifexternal image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image065.gif



Que diferencia os animais vertebrados dos invertebrados? Pon un exemplo de cada grupo de animais.




Cales son os cinco grupos de vertebrados? Escríbeos. A continuación, describe, para cada un destes grupos, a característica que consideras máis importante, e que serve para diferencialos de todos os demais grupos.





Os peixes son ovíparos ou vivíparos? Xustifica a resposta.



Que grupo de vertebrados son poiquilotermos? Que quere dicir a palabra poiquilotermo?

Que cobre o corpo das aves? Como se reproducen as aves?


Explica a metamorfose dos anfibios.



Os réptiles:

a) Que cobre o corpo dos réptiles?


b) Teñen patas todos os réptiles? Cales non as teñen?

Os mamíferos:

a) Os mamíferos son vivíparos? Por que?


b) Que quere dicir que os mamíferos son homeotermos?

c) Que diferencia o grupo dos seres humanos doutros mamíferos?

Menciona as características propias dos peixes.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image067.gif
Características:




Define os dous grupos en que se divide o reino animal. Pon exemplos de animais que pertencen a cada grupo.


external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image069.gif

Completa o seguinte cadro sobre as funcións vitais no reino animal. Explica en que consiste cada función.

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image071.gif




Define os seguintes termos. Utiliza a información do libro e consulta, se che cómpre, unha enciclopedia.

• Sangue:



• Aparello dixestivo:



• Aparello circulatorio:


• Músculo:


• Reprodución asexual:


• Animal ovíparo:



Responde as seguintes cuestións. Busca información no teu libro.


• Que ten que ter un animal para que se inclúa no grupo dos vertebrados?




• Cal é a forma de reprodución de todos os vertebrados? En canto ao desenvolvemento embrionario, cales son os máis abundantes, os animais ovíparos ou os vivíparos?




• Cales son os órganos da respiración nos vertebrados?

Completa as seguintes fichas dos grupos dos vertebrados. Rotula os debuxos. No recadro de «outras
características» escribe as que mellor definan cada grupo.



external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image073.gif

external image C:%5CDOCUME%7E1%5CUSUARIO%5CCONFIG%7E1%5CTemp%5Cmsohtml1%5C01%5Cclip_image075.gif